Contos do Mar de Vigo. A viuva. Sesión 0

Pouco coñecemos da historia de Vigo dos séculos XIII e XIV. Este é o tempo do apoxeo da literatura trobadoresca galaico portuguesa. Da que pensar que naqueles anos no que a ría de Vigo foi unha sorte de centro cultural do profano en occidente non conservemos mais que retazos do que alí aconteceu.  Esta historia, meus amigos, vai daquilo do que non se quixo deixar testemuña.

Os protagonistas desta historia son:

Gundane (Madalena) é un barbeiro/ ciruxán de 41 anos de orixe vasca casado con Trega por obriga tras un desembarco desafortunado na vila olívica. Ten dúas fillas, Dinis e Dores

Pero Manoel Carballo (Samu) de 24 anos, mariño vigués, está a facer as beiras a Dinis e por suposto trata de caerlle en gracia o seu futuro sogro. 

A través dun tunante xudeu de orixe portugués, Amaro Sa (Ferro), de 25 anos coñeceron a D. Alberte Boullón, cabaleiro da nobreza viguesa co que andan en tratos de todo menos limpos.

Fernando Sa, pai de Amaro Sa e médico de oficio salvou a vida fai anos a D. Alberte Boullón. Fernando repudiou a Amaro pola súa afición o xogo e a troula e iste viuse na obriga de abandoar Coimbra e buscar a protección de D. Alberte en Vigo.

Pois cóntase que no ano 1301 do noso señor, D. Alberte Boullón pediu axuda os seus socios para evitar a boda entre a súa tía Dña. Aurora Boullón e D. Fernando Andrade, cabaleiro encargado da recaudación do Mosteiro de Melón en Vigo e arredores. 

Estes personaxes buscaron información no porto, nas tabernas e de boca dos criados de D. Fernando descubrindo o seguinte: 

- Aurora Boullón ten o parecer debilidade polos trobadores.

- Doña Aurora é a viuva de D. Afonso Suárez, cabaleiro do rei, morto preto do río Miño nalgunha escaramuza militar.

- O arcediano do Bispado de Tui, D. Pedro Ibáñez, vai visitar a vila dentro de pouco. D. Fernando quere celebrar un banquete para dar a boa nova do compromiso.

- Corre o rumor que D. Fernando frecuenta a casa da Bibiana, unha viúva que está a pasar certos apuros económicos.

Pero Manuel e Gundane confraternizando mentres fan negocios na ría de Vigo.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Galiza blasfema: Xesteira III

Masones y mazmorras

Nagaragga I: La hija de Calú el platero